A UDC trae ao experto Salvador Alanis da Universidade de Texas para falar de transferencia tecnolóxica

A Coruña, 12 de novembro de 2015. A Sede Afundación da Coruña acolle o 16 de novembro ás 19:00 horas a conferencia ‘Austin Tecnópolis Innovadora: Comercialización global de innovación e tecnoloxía’ a cargo de Salvador Alanis, profesor da Universidade de Texas, Austin. Esta actividade enmárcase dentro do II Obradoiro Internacional de Marketing Expertise: Mercados Internacionais e comercialización de tecnoloxía, pertencente ao Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación, Universidade da Coruña.

Salvador Alanis é director dos programas de Comercialización Global do Grupo en Corea do Sur e da iniciativa de Capital Privado e de Risco. Previamente foi director do Programa de Crecemento Innovador de GCG India e do programa de Innovación Gyeonggi-do en Corea do Sur. Antes de entrar en GCG, ocupou varios postos de alta dirección en empresas privadas e públicas en EEUU e México.

O historial do profesor Alanis en postos de dirección vai desde novas compañías a grandes corporacións multinacionais nos sectores da banca, biotecnoloxía agrícola, consultora profesional e fabricación industrial e química, entre outros. Ademais, é executivo de varias organizacións sen ánimo de lucro e segue a ser consultor de capital privado.

É licenciado en Económicas polo Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey e Mestrado en Liderado de Empresas no Centro Duxx de Excelencia Emprendedora.

O Grupo Global de Comercialización (GCG) do Instituto IC2 da Universidade de Texas en Austin, leva realizando programas de desenvolvemento económico durante máis dunha década. A través deste labor en máis de 17 países, GCG recompilou experiencias e oportunidades dirixidas á efectividade para crear ecosistemas innovadores e a maximizar a internacionalización de tecnoloxías e innovacións promovidas por emprendedores. A charla busca compartir de maneira xeral a aprendizaxe, os retos e logros recentes do Grupo Global de Comercialización neste contexto.

Podes inscribirte neste formulario.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Conferencias, Tecnoloxía, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s