Antonio Abril: “Os 25 anos da UDC permítennos mirar atrás para construír un futuro mellor”

IMG-20140919-WA0000

A Universidade da Coruña comezou hoxe os actos de celebración do 25 aniversario da súa creación.

A Coruña, 19 de setembro de 2014. A Universidade da Coruña (UDC) comezou hoxe os actos de celebración do seu 25 aniversario. Este primeiro evento, celebrado no Paraninfo da Maestranza, contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estivo acompañado polo reitor, Xosé Luís Armesto Barbeito, e o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín.

O presidente da Xunta destacou o prestixio conseguido nestes anos pola Universidade da Coruña. “Estamos diante dunha gran obra colectiva. Aquela Galicia necesitaba as novas universidades de Vigo e A Coruña. O prestixio que ten a UDC ganárono as persoas, por iso o meu agradecemento aos equipos de goberno e aos profesores”, explicou Feijóo.

Xosé Luís Armesto lembrou que “uns 70.000 mozos” saíron cun título universitario da UDC durante eses 25 anos de historia, “cunha universidade plantada en dúas cidades (A Coruña e Ferrol) que acumulan 650.000 habitantes”. O reitor fixo ademais “un balance enormemente positivo” sobre a traxectoria da institución: “Queremos aproveitar a efeméride para destacar o papel da universidade no desenvolvemento de Galicia e para renovar o noso compromiso como servizo público”.

Antonio Abril aproveitou a ocasión para “expresar un sincero recoñecemento e homenaxe a aqueles que, ao longo destes 25 anos, achegaron o seu mérito e esforzo ao ensino e á investigación na nosa universidade”.

O presidente do Consello Social destacou o importante papel que representa a universidade para a sociedade. “A UDC e o seu Consello Social”, comentou, “teñen un intenso e firme compromiso co estudo, a docencia e a aplicación da responsabilidade social. Unha sociedade vale o que vale a suma do talento formado dos seus cidadáns. Somos o que fan de nós a familia e a educación e, neste proceso continuo de formación que é a vida dunha persoa, a universidade é decisiva”.

Antonio Abril insistiu na importancia de mirar atrás para traballar para o futuro: “Os 25 anos da Universidade da Coruña permítennos mirar cara atrás e extraer conclusións para construír un futuro mellor. Non me cabe ningunha dúbida da razón de ser e existir da nosa universidade. Eu vexo unha universidade pública excelente na docencia, meritoria na investigación, comprometida socialmente e prudente e saneada na xestión económica, que posúe o talento e as condicións necesarias para afrontar o futuro con optimismo. Do noso mérito dependerá”.

No acto concedeuse o grao Doutor Honoris Causa ao profesor e investigador estadounidense Michael Apple. Outro dos puntos fortes da xornada foi a conferencia ‘Unha visión da ciencia desde Alemaña’, de Juan Ignacio Cirac Sasturain, director do Instituto Max Planck de Óptica Cuántica de Garching (Alemaña), un referente mundial no seu campo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to Antonio Abril: “Os 25 anos da UDC permítennos mirar atrás para construír un futuro mellor”

  1. Siombresi di:

    a UDC vaise acabar por mor de enorme burocracia que hai dentro dela….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s