‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’, unha oportunidade para lanzar o teu negocio

Imagen

Os emprendedores interesados en poñer en marcha os seus proxectos empresariais aínda teñen aberto o prazo de preinscrición para conseguir unha das 25 prazas para participar no programa formativo ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’. Esta iniciativa ten como obxectivo o fomento da cultura emprendedora, a través do desenvolvemento das competencias, habilidades, ferramentas e recursos necesarios para poñer en marcha proxectos empresariais que xeren valor económico e social en actividades relacionadas co mundo do mar.

Os candidatos terán que cumprir o requisito de ser estudantes de Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Mestrado ou Doutorado) en calquera das universidades galegas. Tamén poden acceder a este programa os titulados que remataran os seus estudos universitarios ou de posgrao nos cursos académicos 2010-11, 2011-12 e 2012-13.

As xornadas presenciais terán lugar de forma alterna nos campus universitarios da Coruña e Vigo, entre o 27 de marzo e o 13 de xuño, con 250 horas de formación. Os participantes en ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’ poderán acceder a conferencias e obradoiros impartidos por expertos de recoñecido prestixio internacional, no ámbito do fomento do emprendemento de base tecnolóxica.

Máis información sobre ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar‘.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s