A Universidade da Coruña presenta a súa memoria de Responsabilidade Social Universitaria

desayuno_3

Antonio Abril, Xosé Luis Armesto e Araceli Torres durante a presentación da Memoria de RSU.

A Coruña, 12 de decembro de 2013. O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, o presidente do Consello Social, Antonio Abril, e a vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, presentaron esta mañá ante os medios de comunicación a Memoria de Responsabilidade Social Universitaria 2012.

No documento faise un balance das actuacións universitarias na docencia, investigación, transferencia e xestión baixo o prisma específico do compromiso social co conxunto da sociedade, segundo o reitor. “Coido moi importante que as universidades inclúan nos seus documentos básicos a análise da Responsabilidade Social. Como organización mais tamén por ser as encargadas de formar os profesionais que van traballar nas empresas e os cidadáns chamados a promover os dereitos humanos desde as súas futuras responsabilidades en organizacións públicas ou privadas”, argumentou Armesto.

Pola súa parte, Abril remarcou a presentación conxunta deste informe por parte do equipo de goberno da UDC e da sociedade, representada no Consello Social, e asegurou que detrás desta Memoria hai un modelo de compromiso público e privado, unha das chaves da relación que debe haber entre a universidade e a sociedade. “A Memoria dá resposta ás inquedanzas da sociedade de cara a este sector público que é a universidade”.
Finalmente, Araceli Torres reafirmou o compromiso da Universidade da Coruña coa responsabilidade social. “Nunha universidade pública e socialmente comprometida como a UDC temos a obriga de render contas do uso que facemos dos nosos recursos. Tamén de presentarnos como referencia de valores éticos”, asegurou a vicerreitora.

A preguntas dos xornalistas, o reitor manifestou a súa preocupación polo acceso universal en igualdade de oportunidades á educación universitaria que estaba en cuestión cos últimos decretos sobre as taxas de matrícula e as taxas de bolsas. Armesto afirmou que a súa prioridade era traballar para garantir este acceso porque “a universidade é un factor de igualación social”. Neste sentido expresouse tamén o presidente do Consello Social. “O máis importante investimento que se pode facer na sociedade é na educación e na educación universitaria”, dixo.

Sobre o mapa de titulacións das universidades galegas, Armesto avogou pola colaboración e cooperación en clave de sistema. “É a nosa implicación e levamos tempo facéndoo”, afirmación que ratificou Abril engadindo que nos vinte anos que levaba formando parte da Universidade da Coruña “a cooperación entre universidades é hoxe máis que nunca”.

Ambos os dous destacaron, cos datos do Observatorio Ocupacional, o elevado índice de empregabilidade dos titulados pola Universidade da Coruña, con porcentaxes superiores ao resto do Estado. O reitor concluíu asegurando que por cada euro que se inviste en educación superior retorna ao contorno social 2,5 euros. Antonio Abril finalizou a súa intervención remarcando a implicación da Universidade da Coruña co seu contorno económico e social. “A Universidade da Coruña é a universidade das empresas da Coruña”, asegurou.

A Memoria de Responsabilidade Social da UDC está financiada por Inditex e pode consultarse en http://memoriarsu.udc.es/index.html.

Fuente: UDC

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s