Clausura da ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’

grupo diplomas2

A Coruña, 10 de xullo de 2013. Esta tarde celebrouse na Reitoría da Universidade a clausura da ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’, coa entrega de diplomas aos alumnos que participaron este ano no programa. O acto contou coa presenza de Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC; Emilio Fernández Suárez, director do Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar; Juan Carlos Bugallo Taibo, director xerente da Fundación Universidade da Coruña e Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar.

O curso, orientado a estudantes e titulados universitarios, foi organizado conxuntamente polo Consello Social da UDC; o Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar; a Fundación Universidade da Coruña e a Fundación Ronsel. Ao longo do curso académico os alumnos recibiron formación práctica orientada a fortalecer e fomentar a adquisición das competencias profesionais que resulten necesarias para pór en marcha un proxecto empresarial no ámbito das ciencias, tecnoloxías do mar nas súas diferentes aplicacións económicas e sociais. Da ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’ saíron cinco proxectos empresariais que foron valorados por un xurado de expertos nunha sesión que tivo lugar o 27 de xuño.

Na sesión desta tarde o director do programa e os alumnos presentaron brevemente os seus proxectos xa avaliados na sesión do día 27 de xuño. 

Que é Escola de Emprendedores? ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’ é un programa de formación a través do cal se pretende contribuír a impulsar o crecemento económico, o emprego e a internacionalización en Galicia e no norte de Portugal. A iniciativa está organizada polo Consello Social da Universidade da Coruña, polo Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar e pola Fundación da Universidade da Coruña. Ademais, a Asociación Galega de Empresa Familiar e a Fundación Ronsel colaboran co programa.

Máis información sobre o curso: http://www.escolaemprendedores.com/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s