Obradoiro de emprendemento e innovación de Escola de Emprendedores impartido por ISIS Innovation

Escola. FUAC. BlocCampus do Mar coorganiza co Consello Social Universidade da Coruña e a Fundación Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación Galega da Empresa Familiar e a Fundación Ronsel un Obradoiro de Emprendemento e Innovación impartido por ISIS Innovation, a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford.

Contido: No obradoiro introdúcense modelos e estratexias para a creación de ámbitos favorables á innovación mediante unha combinación de habilidades, coñecemento e comprensión das diferentes fases da formación empresarial para a transferencia de tecnoloxía e a comercialización efectiva dos resultados de investigación. Trátase dunha iniciativa de carácter eminentemente práctico, baseada na aprendizaxe activa e participativa, con intercambio de experiencias entre os participantes e os consultores. Complementase coa análise de diversos casos de estudo, facendo especial énfase en exemplos tomados dos sectores da enxeñería e a biotecnoloxía mariña.

Destinatarios: Persoal docente e investigador, xestores, tecnólogos e outros profesionais relacionados coa transferencia de tecnoloxía e resultados de investigación dos organismos que forman parte da agrupación de I+D do Campus do Mar e os Estudantes universitarios, de calquera nacionalidade, que actualmente estean a cursar estudos nas universidades de Galicia.

Modalidades: Presencial e streaming (emisión web en tempo real)

Inscrición: Xa aberta aquí.  As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Lugar de impartición: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus da Universidade de Vigo, As Lagoas Marcosende, Vigo

Contacto:
Área de Transferencia de Tecnoloxía e Resultados de Investigación, Campus do Mar.
Plza. Miralles, Local A7, Campus Universitario – 36310 Vigo
TEL +34986130037 / +34986130041
Email gestion.transferencia2@campusdomar.es

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Unha resposta a Obradoiro de emprendemento e innovación de Escola de Emprendedores impartido por ISIS Innovation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s