Presentado o programa interuniversitario ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’

4

Antonio Abril, Xosé Luis Armesto, Salustiano Mato e Juan Carlos Bugallo.

A Coruña, 15 de abril de 2013. Esta mañá presentouse o programa interuniversitario ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’. Trátase dun proxecto de formación para o fomento da cultura emprendedora no ámbito universitario, que pretende ofrecer formación practica orientada a fortalecer e fomentar a adquisición das competencias profesionais que resultan necesarias para pór en marcha un proxecto empresarial no ámbito das ciencias, tecnoloxías e a xestión do mar nas súas diferentes aplicacións económicas e sociais.

O programa presentouno esta mañá o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luis Armesto; o seu homólogo da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril; e o xerente da Fundación da UDC, Juan Carlos Bugallo.

Xosé Luis Armesto destacou na presentación “que a cooperación entre universidades é fundamental, como se pode ver no Campus do Mar, e esta Escola de Emprendedores é unha mostra concreta do fomento da I+D nas universidades e da xeración de coñecemento”.

Pola súa parte, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e responsable de Campus do Mar, explicou que “esta é a primeira actividade visible no eido da transferencia e do emprendemento do Campus do Mar, destinada á xeración de coñecemento para formar unha nova xeración de emprendedores. As universidades debemos achegar valor económico que sexa absorbido polo noso país”. Mato salientou que ‘Escola de Emprendedores’, proxecto que xa foi desenvolvido na UDC en 2012, é unha “iniciativa de éxito na que o Campus do Mar está encantado de participar nesta edición”.

O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril, mostrouse “ilusionado e moi identificado co proxecto, porque é un espello dos compromisos da nosa institución, como a cooperación entre institucións, o achegamento da universidade á empresa, o fomento da cultura emprendedora e a internacionalización, ademais de se centrar no mar, a xoia de Galicia”.

Por último, o xerente da Fundación da UDC, Juan Carlos Bugallo, destacou que a metodoloxia de ‘Escola de Emprendedores’ é algo innovador que pretende salvar “a carestía dos universitarios en competencias, habilidades e coñecementos para crear empresas e desenvolver proxectos de transferencia”.

‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’ é un programa de formación a través do cal se pretende contribuír a impulsar o crecemento económico, o emprego e a internacionalización en Galicia e no norte de Portugal. A iniciativa está organizada polo Consello Social da Universidade da Coruña, polo Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar e pola Fundación da Universidade da Coruña. Ademais, a Asociación Galega de Empresa Familiar e a Fundación Ronsel colaboran co programa.

Dado o carácter interuniversitario deste curso, as xornadas presenciais realizaranse de forma alterna nos campus universitarios da Coruña e Vigo. O proxecto está dirixido a estudantes e titulados universitarios de calquera das universidades do Sistema Universitario Galego ou de fóra del.

Máis información sobre o curso: http://www.escolaemprendedores.com/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to Presentado o programa interuniversitario ‘Escola de Emprendedores. Edición Campus do Mar’

  1. Pingback: Las iniciativas del Consello Social de la UDC en materia de inserción laboral y emprendimiento | Rede Amiga da UDC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s