A Universidade da Coruña ten xa patente nos EE.UU

sirius

O grupo de investigación da Facultade de Informática, Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns, que lidera Manuel González Penedo, acaba de conseguir a primeira patente da Universidade da Coruña en Estados Unidos cun software que mide o risco cardiovascular a través de imaxes no fondo do ollo. Esta aplicación informática, que levou máis de tres anos de investigación, contou coa colaboración dos especialistas en oftalmoloxía do Sergas, Antonio Pose e Francisco Gómez Ulla, así como do departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela.

O equipo de investigadores desenvolveu un método informático que permite avaliar as alteracións que se poden producir na árbore vascular do ollo, medindo de forma automática o ancho das veas e arterias en determinados puntos e calculando a variable de índice arteriovenoso (AVR), para o cal traballou cunha mostra inicial de 200 persoas con problema de hipertensión.

O software poderá aplicarse nos retinógrafos para que cada vez que os oftalmólogos saquen unha imaxe do fondo do ollo poidan coñecer ao momento se o paciente ten problemas de tensión arterial ocular, ademais de seguir a súa evolución no caso dos hipertensos.

A Universidade da Coruña está agora no proceso de comercialización desta patente, e ten unha segunda solicitude en marcha, xa que este mesmo grupo de investigación realizou un proceso de automatización que completa a manipulación de imaxes da primeira patente. Se a primeira aporta unha metodoloxía para o cálculo variable coa fin de establecer un prognóstico, coa segunda patente solicitada se establece unha automatización de todo o proceso para que teña un menor custo para o especialista.
A Universidade da Coruña ten presentadas un total de 104 solicitudes de patentes nacionais, 4 en Estados Unidos e 3 modelos de utilidade; das cales concedéronse, de momento, 71 patentes nacionais, 1 en Estados Unidos e 2 modelos de utilidade. Ademais presentouse a solicitude de extensión internacional PCT de 4 destas patentes nacionais. Nos últimos catro anos, o número de solicitudes de patentes aumentou nunha porcentaxe do 50%.

A patente nos EE-UU da UDC, por Vía Televisión.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Unha resposta a A Universidade da Coruña ten xa patente nos EE.UU

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s