O Consello Social da UDC elixe a obra de Gaby Selby no marco do Certame de Creación de Obra Gráfica

De entre as distintas propostas que foron presentadas á segunda edición do Certame de Creación de Obra Gráfica, no que cada ano participa alumnado e antigo alumnado da Fundación Ciec, o Consello Social seleccionou a proposta de Gaby Selby, artista do Módulo de Calcografía do Máster de Obra Gráfica da Fundación Ciec.

Os artistas vinculados á institución fundada por Jesús Núñez foron invitados a presentar unha obra realizada en calquera técnica gráfica, inédita e inspirada nalgún edificio ou monumento do patrimonio arquitectónico da UDC. A través desta proxecto o Consello Social e a Fundación CIEC pretenden contribuír ao fomento e á proxección social da actividade artística en Galicia, estimulando a creatividade da mocidade que durante a súa etapa de formación destaque por demostrar especiais aptitudes no ámbito da arte gráfica.

As instalacións do Campus de A Coruña-A Zapateira foron a inspiración da obra, que nesta edición mostra a Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC.

Pese a sua corta carreira artística, o traballo de Gaby Selby (Cádiz, 1986) xa foi recoñecido con varios premios. É diplomado en arte e deseño pola University College Falmouth, Carnwall, Reino Unido e licenciado en Bellas Artes (Ilustración) na University of the West of England, Bristol, Reino Unido. En 2012 obteñe unha beca para a realización dos estudos de Mestrado de Obra Gráfica na Fundación Ciec.

C.E.I.C. BETANZOS-UNIVERSIDAD DE LA CORUÑA

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s