Coñece o curso de formación específica en técnico de emprego que ofrece a FUAC

A FUAC presenta unha acción formativa integrada na oferta de Estudios de Posgrao da Universidade da Coruña (www.udc.es/uepp) e que permite a obtención do Diploma de Formación Específica de Posgrao expedido pola Universidade da Coruña. (6 créditos ECTS).

Descripción:

Cada día o acceso ao mercado de traballo preséntase con máis dificultades e complexidades que en outro momento, a pesar de que nos últimos tempos as vías para acceder a un primeiro emprego víronse favorecidas por multitude de novas formas de contratación, ou de xeración do autoemprego.

Con todo para os recentemente titulados e para os formadores dos mesmos, no é sempre fácil situar, atopar e xestionar tantas fontes de información para facilitar o acceso a un primeiro traballo. Por elo preséntase neste curso uns contidos formativos dirixidos a dous públicos obxectivos diferentes pero entrelazados:

En primeiro lugar, dirixido aos recentemente titulados, co ánimo de ofertarlles uns contidos formativos altamente prácticos que lles permitan comprender e desenvolverse no mercado laboral, tanto si desexan levar a cabo unha actividade por conta propia como si prefiren traballar por conta allea.

En segundo lugar, dirixido aos formadores, mestres, e técnicos de orientación laboral, para que amplíen os seus coñecementos coa finalidade última de asesorar a aqueles que forman, e encamiñados cara ao complexo mercado laboral. Potenciarase a formación do mestrado en áreas que permitan o desempeño de actividades profesionais e empresariais, proporcionándolles aquelas ferramentas que sexan necesarias.

Aprenderase o manexo e implementaranse as ferramentas dispoñibles para facilitar o acceso ao mercado laboral, tanto se é por conta propia, coma se é por conta allea, e tanto se se trata dunha acción presencial como dunha acción promovida a través das novas tecnoloxías na contorna 2.0.

Obxectivos:

  • Proporcionar ao alumno unha una visión xeral das dúas vías para acceder ao mercado laboral: o traballo por conta allea e o traballo por conta propia.
  • Comprender os marcos normativos para o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades.
  • Implementar as ferramentas dispoñibles para facilitar o acceso ao mercado laboral, tanto si é por conta propia (Plan de Empresa), como si é por conta allea (CV, Carta de Presentación, Marketing Personal, Certificación de Profesionais)
  • Preparar ao alumno cos coñecementos básicos para traballar en organizacións, asociacións e entidades cuxa actividade céntrase no emprego e a inserción laboral, xa sexan de ámbito social ou empresarial, desempeñando labores de información, orientación, formación e intermediación tanto no ámbito do emprego por conta allea como no do autoemprego

Programa Formativo:

Obradoiro 1. PLANIFICA A TÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL ¿EMPREGO OU AUTOEMPREGO? (1 crédito)

Módulo 1: Análise do entorno e coñecemento do mercado laboral. Que é o emprego. Novos xacementos. Prospección laboral.
Módulo 2: Contratación laboral, Tipos de contratos. Bonificacións.
Módulo 3: Autoanálise: Conta allea. Emprendedor/a
Módulo 4: Elaboración de itinerarios de inserción por conta allea
Módulo 5: Elaboración de itinerarios de inserción por conta propia
Módulo 6: Programas de Prácticas en empresas
Módulo 7: Viveiros e Incubadoras de empresa
Módulo 8: Oferta Pública de Emprego
Módulo 9: Elaboración dunha Guía de recursos para o Emprego Perfil e funcións do preparador/a laboral. Habilidades e técnicas.
Módulo 10: Caso práctico. Grupo 1: obradoiro conta allea. Grupo 2: obradoiro conta propia

Obradoiro 2. COMO BUSCAR EMPREGO: CV E CARTA DE PRESENTACIÓN (1 crédito)

Módulo 1. Introducción: A procura activa de emprego. Principais fontes de información
Módulo 2. Carta de presentación
Módulo 3. Currículum vitae
Módulo de prácticas

Obradoiro 3. ENTREVISTAS DE TRABALLO: PREPARACIÓN E DESENVOLVEMENTO (1 crédito)

Módulo 1: Preparación da entrevista de traballo
Módulo 2: Tipos de entrevistas de traballo
Módulo 3: Comportamento durante a entrevista de traballo
Módulo 4: Modelos de preguntas que poden ser expostas
Módulo 5: Algunhas suxestións sobre cómo reaccionar e qué contestar
Módulo 6: ¿Cómo negociar o salario?
Módulo 7: Qué valoran as empresas
Módulo 8: Peche da entrevista
Módulo 9: Despois da entrevista. Seguimento
Módulo 10: Rolle Playing dunha entrevista de traballo

Obradoiro 4. COMO ELABORAR UN PLAN DE EMPRESA (1 crédito)

Módulo 1: Función e utilidades do plan de empresa
Módulo 2: Estrutura do plan de empresa
Módulo 3: Proxecto empresarial e cv dos emprendedores
Módulo 4: Estrutura do capital e orixe dos fondos
Módulo 5: Estudo do Mercado. Análise do proceso de comercialización
Módulo 6: Análise do proceso de produción/servizo
Módulo 7: Plan económico-financeiro
Módulo 8: Situación da empresa
Módulo 9: Recursos humanos
Módulo 10: Directorio de páxinas web e asistentes para a elaboración do plan de empresa
Módulo 11: Presentación formal do plan de empresa. Lectura

Obradoiro 5. CÓMO CREAR UNHA EMPRESA PASO A PASO (1 crédito)

Módulo 1: O entorno na creación de empresas
Módulo 2: Xeración, avaliación e maduración de ideas empresariais
Módulo 3: Elección da forma xurídica
Módulo 4: Trámites de constitución: caso práctico
Módulo 5: Sociedade Limitada Nova Empresa

Obradoiro 6. AXUDAS E SUBVENCIÓNS (1 crédito)

Módulo 1: O entorno xeral das axudas e subvencións en España
Módulo 2: Clasificación de axudas e subvencións
Módulo 3: Programas da Unión Europea
Módulo 4: Programas do Estado
Módulo 5: Programas da Comunidade Autónoma de Galicia
Módulo 6: Programas das Corporacións Locais
Módulo 7: Organismos de Tramitación
Módulo 8: Documento de solicitude
Módulo 9: Caso práctico

Modalidade de Impartición:

ON-LINE

Datas:

  • Data de Inicio: 19 de novembro de 2012
  • Data de Finalización: 25 de xaneiro de 2013

Requisitos de acceso:

  • Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo.
  • Ter un título de grao.
  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  • Acreditar superar 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno da UDC que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

– Excepcionalmente, poderán ser admitidos nun curso de especialización:

  • Os estudantes das actuais titulacións universitarias de primeiro ciclo ao que non lle falte máis de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter a titulación. Neste caso, para poder obter o título de experto ou especialista universitario, deberá posuír a condición de titulado antes de acabar o curso de especialización.
  • Se a especificidade do curso de especialización así o aconsella, aqueles profesionais sen titulación universitaria pero que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

Criterios de Admisión:

  • Titulación Universitaria relacionada coas materias do curso
  • Titulación Universitaria obtida na Universidade de A Coruña
  • Profesionais con experiencia na materia
  • Estudantes Universitarios

Importe Matrícula:

330,00 €

Datas de matrícula:

Do 5 ao 14 de novembro de 2012

Sistema de Avaliación:

Probas prácticas durante o curso e presentación dun proxecto final realizado polos alumnos.

Preinscrición:

Deberá realizar a preinscrición cubrindo o boletín que está a sua disposición na parte superior desta noticia; e ademáis remitir por correo electrónico (slopezj@udc.es) copia do DNI, Título Académico universitario, Curriculum Vitae e Expediente Académico.

Data Límite Preinscrición: 31 de outubro de 2012

Unha vez verificado que cumpres os requisitos de acceso, poñerémonos en contacto contigo para que poidas facer efectiva a matrícula.

PAGO ON-LINE: Técnico de Emprego: Planificación e Xestión de Proxectos para a mellora da empregabilidade (Online)

Tarxetas de Crédito: VISA, MASTERCARD, JCB.

Fonte: FUAC

Información:

Sandra López Jul
Tel.:981.16.70.00 Ext.4459. Correo electrónico: slopezj@udc.es

Laura García Deber
Tel.:981.16.70.00 Ext.1078. Correo electrónico: lgarcia@udc.es

Eva Castro González
Tel.: 981.167.000 Ext. 4393. Correo electrónico: eva@udc.es

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Charla, Emprendedores, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

One Response to Coñece o curso de formación específica en técnico de emprego que ofrece a FUAC

  1. las artes di:

    En primeiro lugar, dirixido aos recentemente titulados, co ánimo de ofertarlles uns contidos formativos altamente prácticos que lles permitan comprender e desenvolverse no mercado laboral, tanto si desexan levar a cabo unha actividade por conta propia como si prefiren traballar por conta allea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s