¿Eres titulado/a universitario/a e estás desempregado/a? Coñece o Programa Integral de Emprego

A Fundación Universidade da Coruña pon en marcha o  PROGRAMA INTEGRAL DE EMPREGO UNINSERT, o Programa de Emprego dos Mozos/as Universitarios Galegos/as,  que pode resultar de gran utilidade para axudarte a atopar traballo.

O Programa UNINSERT está deseñado pensando en ti e en todos aquelas persoas desempregadas, que posúen una titulación universitaria, e que se están enfrentando á realidade do mercado laboral.

No desenvolvemento do programa realizaremos accións de información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, mobilidade xeográfica e intermediación laboral, utilizando a metodoloxía dos itinerarios persoalizados de inserción.

O programa é TOTALMENTE GRATUITO.

Os requisitos de acceso són ter titulación universitaria e estar inscritos como demandantes de Emprego no Servizo Público de Emprego Galego (antiguo INEM).

Importante: SÓ poderán participar no devandito programa aquelas persoas que estean inscritos como demandantes de emprego nunha oficina da Coruña e que na súa demanda conste a súa residencia na cidade da Coruña. 

INDICACIÓNS PARA FORMAR PARTE DO PROCESO DE SELECCIÓN:

Se estás interesado en formar parte do proceso de selección do programa, deberás acudir a túa oficina de emprego para manifestar o teu interese de participación nos “planes integrais de emprego”, e solicitar que se engada o código destes programas, que é o 930. Ademais, é moi importante que te asegures na oficina de emprego de que a túa titulación universitaria estea verificada, polo que recomendámosche que cando te dirixas a oficina leves o título orixinal ou copia compulsada para que acredites a veracidade da titulación obtida. ESTE TRÁMITE SÓLO É POSIBLE FACELO OS DÍAS 24 E 25 DO PRESENTE MES.

PARA MAS INFORMACIÓN CONSULTA O DOCUMENTO ADXUNTO.

Para calquer dúbida, pode contactar con nos a través do teléfono 981 167 000; ext.4393, 4374 o 1078, ou nas direCcións de correo electrónico  eva@udc.es, slopezj@udc.es e lgarcia@udc.es 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Emprego, Emprendedores, FUAC, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s