Educación destina 2 millóns de euros para a formación e a incorporación ás universidades galegas de 24 investigadores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará máis de 2 millóns de euros para prorrogar os contratos de 18 investigadores do programas Isidro Parga Pondal (ano 2009) e a facilitar a incorporación ás universidades do SUG de 6 investigadores do Programa Ramón y Cajal.

Segundo o Consello da Xunta, que deu luz verde á convocatoria das prórrogas das axudas que se inician en 2012 do Programa Isidro Parga Pondal, o fin e darlle continuidade á contratación de doutores cunha formación posdoutoral contrastada nas universidades do sistema universitario de Galicia.

Parga Pondal

De acordo coa aprobado, a Consellería achegará 1.231.200 euros ás tres universidades galegas, para que prorroguen os contratos en vigor subscritos coas persoas seleccionadas no Programa Isidro Parga Pondal da convocatoria de 2009.

En total, serán 18 os investigadores que poidan optar á prórroga, dun máximo de dous anos. Deles, 9 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 7 á Universidade de Vigo e 2 á Universidade da Coruña.

Programa I3

Respecto dos 6 investigadores vencellados ao Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (Programa I3), o departamento educativo da Xunta de Galicia destinará un total de 773.046,90 euros para fomentar a incorporación estable destas persoas cunha traxectoria investigadora destacada ás universidades do SUG.

A achega cubrirá, en concreto, a contratación de 5 investigadores na USC e 1 na UVigo por un período de 3 anos, cunha retribución equivalente á dun profesor titular de universidade.

Aposta pola investigación

Deste xeito, a Consellería dá cumprimento ao establecido no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2005-2010 (INCITE) que, aínda que xa non está en vigor, recollía a posibilidade de convocar a prórroga do programa Isidro Parga Pondal para a concesión de 2009.

Estas novas accións son unha manifestación máis da aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia pola I+D, na procura dun crecemento para Galicia fundamentado no coñecemento e na innovación e, polo tanto, sustentable. Desta forma dáse ademais continuidade ao labor científico que os investigadores galegos están a desenvolver, evitando que teñan que buscar saídas laborais fóra de Galicia.

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Emprego, I+D+i, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s