Se es muller e queres ser empresaria, ASSESSMENT WEEK é o teu programa

A Fundación Universidade da Coruña vén de presentar o programa ASSESSMENT WEEK, cofinanciado pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo e destinado a desenvolver e consolidar as competencias profesionais das mulleres universitarias, traballadoras con ganas de formarse ou paradas, de maneira que estean en disposición de afrontar con maiores garantías de éxito os procesos de inserción no ámbito laboral, así como mellorar a súa empregabilidade.

Obxectivos:

  • Definir con claridade os seus obxectivos profesionais en termos realistas, alcanzables e medibles.
  • Proporcionar ferramentas de autodiagnóstico que lles permitan coñecer o seu nivel de aptitudes, competencias profesionais e motivacións con relación aos seus obxectivos.
  • Analizar con cada persoa os seus puntos fortes e áreas de mellora para conseguir os seus obxectivos profesionais.
  • Desenvolver a capacidade de explorar e poñer en xogo opcións e estratexias creativas para a consecución dos seus obxectivos profesionais mediante procesos de coaching baseados no desenvolvemento e crecemento persoal.
  • Potenciar os coñecementos, as habilidades e recursos propios de cada persoa. Trátase de que cada unha busque dentro de si mesma as solucións, orientando o seu comportamento cara ao futuro: que quero facer, cando o vou facer, como o vou facer e non aos porqués ou erros do pasado.

BENEFICIARIAS DA ACCIÓN:

60 mulleres desempregadas, preferentemente con estudos universitarios ou con formación profesional, dándose preferencia aos seguintes colectivos:

– Mulleres desempregadas.
– Mulleres novas menores de 30 anos e maiores de 45.
– Mulleres paradas de longa duración.
– Mulleres universitarias posuidoras de titulacións de difícil empregabilidade.
– Mulleres con cargas familiares.
– Mulleres emigrantes con formación universitaria ou formación profesional

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Fundación Universidade da Coruña. Edificio Normal, Paseo de Ronda, 47 – 2º, Campus de Riazor.

 

DATAS:

  • GRUPO 1:         Data de inicio: 20/09/2012

Data de finalización: 28/09/2012

  • GRUPO 2:         Data de inicio: 15/10/2012

Data de finalización: 23/10/2012

  • GRUPO 3:         Data de inicio: 07/11/2012

Data de finalización: 15/11/2012

  • GRUPO 4:         Data de inicio: 19/11/2012

Data de finalización: 27/11/2012

HORARIO:

  • De 9:00 a 14:00 horas os días 1, 2 e 7 de cada grupo.
  • As entrevistas individuais, días 3, 4, 5 e 6, poderán ser en horario de 9:00 a 13:00 ou de 15:00 a 21:00 horas, establecéndose a hora exacta da entrevista entre a participante e a FUAC.

MATRÍCULA:

GRATUITA

PROGRAMA:

Día 1

. Presentación do Programa en Competencias Profesionais ASSESSMENT WEEK.
. Relatorio: Como abordar a busca de emprego en tempos de crise.
. Definición de obxectivos profesionais.
. Realización de test de aptitudes e cuestionarios de personalidade e intereses profesionais.

Día 2

. Dinámicas de grupo. Propoñeranse diferentes situacións que se debaterán en pequenos grupos, mentres un observador analizarán as competencias que cada persoa exhiba durante a sesión: traballo en equipo, habilidades de comunicación, liderado, iniciativa…

Día 3, 4, 5 y 6

. Entrevistas individuais para a análise de puntos fortes e áreas de mellora, realizadas por un consultor/experto en selección e avaliación de competencias.

Día 7

. Relatorio Principios de coaching: como che pode axudar o coaching no proceso de busca de emprego.
. Sesións de coaching en vivo.
. Resumo e conclusións do programa.

PROCESO DE SELECCIÓN

Calquera interesada deberá presentar antes do 14/09/2012ás 14:00 horas a súa solicitude persoalmente cubrindo o boletín de inscrición ou envialo por correo postal, vía fax ou correo electrónico.

O día 17/09/2012 convocarase a todas as candidatas interesadas a unha reunión informativa onde se explicará o programa do proxecto formativo. A continuación realizaráselles unha proba de selección consistente nun test psicotécnico de cultura xeral e unha entrevista de selección.

O día 18/09/2012  farase pública a selección das beneficiarias, procedendo á súa publicación na web e no taboleiro de anuncios da FUAC.

INSCRICIÓN

As persoas interesadas en acceder ao curso deberán enviar o boletín de preinscrición cuberto e axuntar a seguinte documentación: fotocopia do DNI, fotocopia da cartilla de demandante de emprego (no caso de que estea inscrita), Currículo Vitae con fotografía, fotocopia do título académico e fotocopia do libro de familia, se procede.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 14-09-2012 ás 14:00

INFORMACIÓN

Sandra López 981-167000 ext. 4459. slopezj@udc.es
Eva Castro 981-167000  ext.4393    eva@udc.es

Laura García. 981-167000 ext. 1078. lgarcia@udc.es
www.fundacion.udc.es

Fonte: FUAC

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Cursos, Emprego, Emprendedores, Empresarios, FUAC, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s