A Coruña, capital europea do software libre, da man de Guadec 2012

As asociacións GPUL e Gnome Hispano, en colaboración coa GNOME Foundation, organizarán na Facultade de Informática de A Coruña, desde o 26 de xullo hasta o 1 de agosto de 2012 a 13 GUADEC Conference, un foro internacional para a investigación e desenvolvemento do Proxecto de Software Libre GNOME.

GUADEC reunirá a máis de 250 desenvolvedores e usuarios de GNOME, que presentarán os principais avances e desenvolvemento e contarase coa participación de ponentes de relevancia internacional como Federico Mena Quintero, cofundador do proxecto GNOME, Jacob Appelbaum, Adam Dingle, Jim Nelson, Jonathan Blandford, David Mason e Alex Skud Bayley.

GUADEC 2012 conta coa colaboración da Universidade de A Coruña, a Xunta de Galicia e da asociación Ghandalf. Ademáis, conta co apoio e o patrocineo de empresas como Google, RedHat, Canonical, Collabora, Igalia, Openshine, Open Invention Network e Mozilla.
GUADEC conta tamén co apoio de Codethink, e a Linux Foundation.

O proxecto GNOME

O proxecto GNOME, iniciado no 1997 polos mexicanos Miguel de Icaza e Federico Mena, conta con centos de desenvolvedores e millóns de usuarios en todo o mundo. GNOME é un software de escritorio gráfico que busca achegar de forma sinxela a tecnoloxía a toda a xente, proporcionando un conxunto de ferramentas de xestión e uso común: contorno de escritorio baseado en ventás, navegador web, xestor de arquivos, folla de cálculo e procesador de textos, lector de correo, etc. GNOME, traballando sobre sistemas operativos coma GNU/Linux, BSD ou solaris, supón unha alternativa libre ás plataformas pechadas de Microsoft e Apple.

Programa

Inscrición

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Conferencias, Educación, I+D+i, Investigación, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s