O IGAPE e a Escola de Organización Industrial ofrecen cursos gratuitos de Xestión Internacional da Empresa para pemes galegas e emprendedores

O IGAPE, en colaboración coa Escola de Organización Industrial, organiza unha serie de cursos gratuítos de Xestión Internacional da Empresa, en diferentes lugares da xeografía galega, a partir do cuarto trimestre de 2012.

Obxectivo: Formar a responsables de pemes en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global mediante un programa de formación especializado, baixo a supervisión de expertos na materia.

Método de traballo: A metodoloxía deste programa combina formación en liña con sesións e tutorías presenciais.

Servizos adicionais post-formación: acceso á Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse á contorna, a través de formación, asesoramento, foros e puntos de encontro.

Duración do curso: 6 meses, a partir  do cuarto trimestre de 2012.

A matrícula é gratuíta, por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Energía e Turismo e o Igape.

Solicitudes até o próximo 3 de agosto.

Convocatoria e inscrición, aquí

Fonte: Igape

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Emprendedores, Empresarios, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s