Bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

Requisitos dos solicitantes:
– Ter veciñanza administrativa en Galicia superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía e dereito.

A finalidade das bolsas e formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, entre outras:

• Optimización financeira/mellora do circulante.
• Profesionalización da produción.
• Relanzamento comercial.
• Xestión por procesos.
• Imaxe e comunicación empresarial.
• Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
• Desenvolvemento de plans de acción.
• Identificación de redes de cooperación e socios.
• Innovación na empresa.
• Desenvolvemento do capital humano.
• Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses.
A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).

Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B.

Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.igape.es

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Becas, Emprego, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s