Interésanche cursos gratuítos relacionados co sector multimedia e audiovisual?

As aulas CeMIT de cincuenta e cinco localidades galegas acollerán de maio a decembro oito cursos gratuítos relacionados co sector multimedia e audiovisual. Estas actividades forman parte do Programa de Formación 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia. A iniciativa conta con máis de seiscentas horas de formación e está previsto que chegue a máis de sete mil usuarios.

A Rede CeMIT configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información en Galicia. Nesta nova edición, o Programa de Formación conta con seis microcursos de 15 horas de duración (sobre posicionamento web, televisión en internet, deseño gráfico, retoque fotográfico, community manager e streaming de audio e vídeo) e dous cursos máis amplos de máis de 40 horas sobre produción audiovisual e creación multimedia.

Os interesados nestas actividades poden informarse das datas de comezo de cada unha delas e reservar praza na aula CeMIT da súa localidade a través do 981 552 568 ou a da web http://aulascemit.xunta.es/inscripcion.

O 29 de abril é a data límite para inscribirse nalgún dos catro primeiros cursos mentres que o 24 de maio remata o prazo de inscrición para os restantes.

Para o desenvolvemento das actividades da área Multimedia e Audiovisual do Programa de Formación 2012 da Rede CeMIT empregarase o sistema de videocolaboración nalgunhas das aulas CeMIT (posibilitando a comunicación entre todos os participantes en tempo real a través de imaxe, chat, compartición e control de aplicacións remotas) e o de videoconferencia noutras aulas que dispoñen dunha equipación máis avanzada (composta por un sistema de videoconferencia e por equipos audiovisuais e multimedia) o que permitirá desenvolver as actividades en formato presencial e telepresencial.

Máis info…
O Programa de Formación da Rede CeMIT atópase cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Cursos, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s