O CPEIG organiza un seminario sobre presentacións para evitar o uso de Powerpoint

Luns, 15:25 da tarde. Tras os 10 minutos de cortesía, da comezo a enésima reunión do día. Luces fora, comenza o desfile de diapositivas.

15 minutos máis tarde, a voz temblorosa e monótona do poñente afronta o terceiro párrafo dunha diapositiva mentres ti xa diche por terminada a lectura do sexto e último fai varios segundos, ignorándoo por completo. A luz atenuada e o cómodo sillón da sala fan mella en ti e no resto de asistentes. Un dormita, outros responden o correo, outro actualiza seu estado en Facebook…

Esto non hai quen o ature, ¡pero é que túas presentacións son iguais! Todo o mundo fai o mesmo: corto por aquí, pego por alá, improviso un pouco e… ¡bingo! Presentación lista. ¿Ensaiar? ¿Para qué?

¿Aínda te extraña que os teus colegas, xefes e clientes non te presten atención? ¿non recorden túas propostas? ¿que non se te valore?

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ofrecerá o sábado 21 de abril o seminario A Arte da Presentación, dirixido a mellorar as presentacións en PowerPoint e outros slideware. A acción formativa desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Os encargados de impartir o seminario serán Eduardo de la Fuente (enxeñeiro informático) e Alberto de Vega (licenciado en Ciencias Físicas), da empresa Presentaciones Artesanas. Os dous relatores son recoñecidas referencias na materia e  procurarán que os asistentes aprendan as destrezas necesarias para que as presentacións conecten coa audiencia e non caian no aburrimento.

Prezo: Os colexiados deberán pagar unha cota de 30 euros, mentres que as persoas alleas ao CPEIG deberán ingresar 50 euros.

Como: As persoas interesadas poden inscribirse aquí.

En palabras dos organizadores do seminario, a sesión formativa quere evitar a morte por PowerPoint, “expresión que resume de xeito maxistral o estado de aburrimento e fatiga inducido polo exceso de información amosado nas típicas presentacións de empresa”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s