Escola de Emprendedores pecha a súa primeira edición

Momento da presentación do traballo final dun grupo

Está mañá finalizou o programa Escola de emprendedores por medio dunha exposición dos proxectos finais sobre empredemento de cada participante. Neste curso, destinado a unha trintena de estudantes e titulados universitarios, os alumnos tiveron a oportunidade de aprender cómo pór en marcha unha iniciativa empresarial.

Antonio Abril, presidente do Consello Social, organismo promotor do curso en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña (Fuac), a Fundación Ronsel e o patrocinio da Asociación Galega de Empresa Familiar, precisou no acto que “os emprendedores son necesarios á hora de cambiar o modelo produtivo cara a un modelo baseado na innovación, a investigación e a creación de marcas que reflictan un alto valor engadido”. Ademais, é a Universidade quen debe “crear escolas de emprendedores como esta, xa que son os motores do coñecemento, o xerme da innovación e da promoción económica”, apuntou.

Pola súa banda, Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega de la Empresa Familiar, incidiu en que “los emprendedores son personas muy necesarias en Galicia”, sobre todo, no panorama de crise que estamos a vivir.

O Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras é unha iniciativa que permite ao estudantado e aos recén titulados universitarios potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para incrementar o potencial de éxito do seu proxecto empresarial.

Este programa baséase no modelo ‘learning by doing’,  orientado a potenciar a participación activa do alumnado, que pasarán de ser simples espectadores do programa a se converter en verdadeiros protagonistas deste.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Charla, Consello Social, Cursos, Educación, Emprendedores, Empresarios, FUAC, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s