O presidente do Consello Social compara as universidades con “laboratorios de I+D+i” na presentación de dous novos libros da colección Transfiere UDC

O Consello Social da UDC presentou esta mañá os libros Universidad. Motor de la innovación empresarial e Diversidad innovadora. Intangibles para la creatividad colectiva, ambos editados na Coruña, Netbiblo, 2011.

O libro Universidad. Motor de la innovación empresarial é unha obra de Javier González Sabater que resalta que as universidades son un aliado empresarial de primeira clase. Pola súa banda, Pablo Villanueva Alonso, autor de Diversidad innovadora. Intangibles para la creatividad colectiva, fai un estudo das relacións de perfiles persoais diversos para a dinamización da actividade investigadora.

No acto de presentación, o presidente do Consello Social, Antonio Abril, recordou que as universidades “deben ser os laboratorios de I+D+i das empresas”. “É necesario que as empresas coñezan as posibilidades das universidades no desenvolvemento do seu negocio”.

Ademais, “as universidades teñen que ser capaces de captar recursos, e non só vivir de financiamento público, algo que se consegue con transferencia de tecnoloxía e da realización de proxectos conxuntos”.

En síntese, para Antonio Abril, “as universidades teñen que ser eficientes e competitivas pola importantísima función que desenvolven como motor dunha sociedade de coñecemento, funcionando así como vías para a creación de emprego”.

Sobre a colección

Transfiere UDC é a primeira colección de monográficos impulsada dende o Consello Social. Tratase dunha iniciativa que sae á luz no ano 2010 grazas a xenerosa colaboración da Editorial Netbiblo e que nace co propósito de contribuir a consecución dos obxectivos da UDC en materia de promoción da transferencia de resultados na investigación. Da man do Plano Operativo Anual, o Consello Social ten sempre presente o compromiso de promover a cultura emprendedora, así como a competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do desenvolvemento económico e social.

Universidad. Motor de la innovación empresarial

As empresas que converten a innovación en parte vital da súa estratexia necesitan acceder ao coñecemento e a tecnoloxía que lles permita crear os produtos e servizos cos que se diferenciarán no mercado. Nun mundo tan competitivo, veloz e globalizado como no que vivimos, as universidades son un aliado empresarial de primeira clase, pois poñen a disposición do tecido industrial os resultados das súas investigacións e as capacidades científicas dos seus grupos de investigación.

Este libro ofrece ás empresas unha serie de recomendacións prácticas para impulsar e facilitar ao máximo a súa colaboración coas universidades no ámbito da transferencia de tecnoloxía, principalmente a través dos proxectos de I+D e as licenzas de patentes.

Javier González Sabater é consultor e formador de transferencia de tecnoloxía, director de The Transfer Institute, investigador e emprendedor no eido da cooperación universidade-empresa. Traballou para diversas universidades, centros tecnolóxicos, administracións, entidades intermedias e empresas, en España, México e Chile. Foi técnico da oficina de transferencia de tecnoloxía (OTRI) da Universidade de Alacante e da rede europea de transferencia de tecnoloxía IRC Network.

www.gonzalezsabater.com

Diversidad innovadora. Intangibles para la creatividad colectiva

No actual panorama socio-económico, dominado por patróns de cambio acelerados, as persoas cobran un papel fundamental na transformación organizativa. Desde hai anos, se vén debatendo sobre a importancia de xestionar adecuadamente a diversidade para fomentar, a través dela, a constitución dun crisol de pensamentos heteroxéneos que fomenten o cambio e a innovación. A capacidade de engranar adecuadamente a conexión entre a diversidade intanxible e a innovación materialízase como unha das principais vantaxes competitivas da actualidade.

Todo equipo é un sistema complexo que precisa, para a súa comprensión e optimización, dunha visión global e integrada. A través deste enfoque transversal, o autor desta obra convida a fomentar un respecto que permita, a cada integrante dun equipo, emerxer nun espazo sinérxico e aberto á lexitimidade plural desde a heteroxeneidade intrínseca.

Pablo Villanueva Alonso comeza a súa actividade no ámbito da consultoría en 2004, tras tres anos como investigador en proxectos universitarios de I+D+i. No presente, compaxina o seu desempeño como consultor con accións como facilitador de aprendizaxe e con labores como coach, en procesos tanto individuais como de equipos. Levou a cabo múltiples proxectos relacionados coa excelencia, o desenvolvemento organizacional e a innovación, articulados ao redor dun enfoque humanista focalizado no potencial das persoas. Actualmente colabora en varias Escolas de Negocios.

@pvillalonso

• Outros títulos da colección Transfire UDC:

-Innovar en la era del conocimiento, de Juan Vicente García Manjón.

-En busca de financiación. El ecosistema de inversores y emprendedores, de José Gabriel García y Pablo Martínez García.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Consello Social, I+D+i, Responsabilidade Social, UDC. Ligazón permanente.

One Response to O presidente do Consello Social compara as universidades con “laboratorios de I+D+i” na presentación de dous novos libros da colección Transfiere UDC

  1. Pingback: Universidad, motor de la innovación empresarial, mi nuevo libro | Javier González Sabater

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s