O Consello Social presenta en Ferrol o “Estudo de Competencias Específicas nos Ensinos Tecnolóxicos da UDC”

Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, foi o encargado de amosar esta mañá en Ferrol as conclusións principais da obra “Estudo de Competencias Específicas nos Ensinos Tecnolóxicos da UDC”, un proxecto levado a cabo grazas ao patrocinio do Grupo Megasa.

O estudo permite coñecer o que as empresas demandan cando contratan a un titulado universitario e debe de servir de base á propia universidade no deseño do perfil de competencias profesionais a integrar nos seus procesos de formación. A súa análise (Ver a síntese do traballo) permite determinar a desviación entre a demanda e a oferta real das capacidades profesionais no mercado laboral e, en concreto, a medida na que a UDC fai fronte ás demandas deste mercado, para que os titulados universitarios adecúen a súa formación en competencias profesionais aos requirimentos empresariais.

Segundo este estudo, as competencias específicas máis demandadas polos empresarios son as seguintes:

a)      Deseño e construción de vehículos: Coñecemento da dinámica lonxitudinal, transversal e vertical dos diversos vehículos.

b)      Informática: Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, baixo certas linguaxes de programación.

c)      Informática CAD/CAM: Coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos    empregados nas técnicas de deseño asistido, visualización avanzada e animación por computador, así como a súa aplicación práctica en problemas de enxeñaría civil por medio do uso de programas de CAD.

d)     Consultoría ISO 9000 (Calidade): Coñecementos sobre planificación estratéxica de sistemas de calidade.

e)      Deseño e construción de sistemas de xeración e transporte de enerxía eléctrica: Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia, xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores.

f)       Consultoría ISO 14000 (Ambiental): Coñecementos sobre planificación estratéxica de sistemas de xestión ambiental.

Máis polo miúdo, a situación laboral dos universitarios con titulacións pertencentes ao ámbito dos ensinos tecnolóxicos mostran que a taxa de actividade media entre os titulados enquisados é do 94,71%, é dicir, 2,59 puntos porcentuais por encima da media nacional para os universitarios (segundo EPA 2011).

Os ensinos que presentan uns niveis de actividade por encima da media son as de Arquitectura co 97,78%, Enxeñaría industrial co 96,31%, Informática co 95,85% e as de Enxeñaría de obras co 94,85%.

Ver a síntese do traballo

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Consello Social, Emprego, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s