Os medios recollen a presentación dos premios do Consello Social da UDC

Os medios galegos recolleron hoxe a presentación dos Premios do Consello Social: Confianza UDC e Impulso UDC, resaltando, todos os diarios, a importancia de saber recoñecer o esforzo de empresas e grupos de investigación do contorno da Universidade da Coruña.

Deste modo, La Voz de Galicia da máis importancia ás palabras de Antonio Abril, quen señalou que “débese potenciar máis a relación entre a UDC e o sector productivo, sobre todo, para saír da crise actual”.

Doutra banda, La Opinion de A Coruña apunta que “os premios contribuen á mellora da relación entre o traballo de investigación e innovación desenvolvido no contexto universitario e o ámbito social e empresarial da súa contorna de modo que, segundo defendeu Abril, redunde nunha mellora económica que, á súa vez, permita crear riqueza”.

O presidente do Consello Social e o director técnico / LA OPINIÓN / Eduardo Vicente

Neste senso, El Correo Gallego engadiu que estes premios teñen o fin de “contribuír á consecución de obxectivos clave en materia de I+D+i” e que, a través deles, “o Consello Social recoñecerá publicamente o labor dos grupos de investigación da Universidade e das empresas que destacaran por ter apostado pola colaboración coa UDC no desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras”.

Ver toda a repercusión

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Consello Social, I+D+i, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s