O Consello Social presenta os premios Impulso UDC e Confianza UDC para recoñecer o labor de empresas e grupos de investigación en materia de I+D+i

O presidente do Consello Social, Antonio Abril, presentou esta mañá a primeira edición dos premios Impulso UDC e Confianza UDC, un certame que se levará a cabo co fin de recoñecer o esforzo de empresas e grupos de investigación do contorno da Universidade da Coruña (UDC) que durante o ano 2010 contribuíran á consecución de obxectivos clave en materia de I+D+i. 

Por medio destes galardóns, o Consello Social invita á comunidade universitaria, ás empresas e ao resto dos axentes sociais a participar de xeito activo na iniciativa, promovida en pro da UDC e en beneficio do conxunto da sociedade. Respecto a esta idea, Antonio Abril destacou que “é hora de establecer canles de relación entre as universidades e as empresas”. “Temos a necesidade de aumentar a confianza do tecido produtivo na UDC para que mellore a interacción e a creación de riqueza”, precisou o presidente do Consello Social. Para Abril, pese a ser “modestos”, os premios “serven para transmitir unha imaxe de prestixio das relacións entre a UDC e a sociedade”.

Máis polo miúdo, a través dos premios Impulso UDC, o Consello Social recoñecerá publicamente o labor dos grupos de investigación da Universidade que destacaran durante o pasado ano pola súa aposta pola internacionalización, a efectiva transferencia dos resultados da investigación ao tecido social e pola súa capacidade para captar fondos procedentes de fontes de financiamento alleas á Universidade.

Doutra banda, a través dos premios Confianza UDC, o Consello Social outorgará recoñecemento público ás empresas que destacaran por ter apostado pola colaboración coa UDC no desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras nos eidos da I+D+i, docencia e extensión universitaria.

Máis información: http://premiosconsellosocial.udc.es/index.html     

Advertisements
Esta entrada foi publicada en I+D+i, Premios, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s