Escola de Emprendedores, a mellor axuda para sacar adiante o teu proxecto

Xa está podes informarte e inscribirte no programa Escola de Emprendedores, unha iniciativa que permitirá potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para incrementar o potencial de éxito do seu proxecto.

Este programa é Só para valentes, para aqueles que saiban que Emprendemento é facer as cousas de maneira diferente, tentalo sen medo ao fracaso. É crear empresas, pero é máis: é unha forma de afrontar a vida con ilusión, optimismo e valentía. É a vontade de arriscar sen temor. Se es así, este programa te dará as competencias, as destrezas e as ferramentas que che van apoiar no teu interese por ir máis alén do camiño fixado.

Esta iniciativa parte do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) que vén de presentar recentemente dous programas de formación destinados a estudantes e titulados universitarios, levados a cabo en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña (Fuac) e a Fundación Ronsel, e co patrocinio da Asociación Galega de Empresa Familiar. Estes programas son Escola de Emprendedores, enfocado para incrementar o éxito do proxecto de negocio e Laboralia, un programa de formación para mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade.

Escola de Emprendedores baséase no modelo “learning by doing”,  orientado a potenciar a participación activa do alumnado, que pasarán de ser simples espectadores do programa a se converter en verdadeiros protagonistas deste.

A combinación de diferentes metodoloxías docentes e a orientación a resultados son os conceptos que queren construír unha marca propia para o programa de desenvolvemento de competencias emprendedoras.

Máis información:

Destinatarios do programa: Titulados universitarios ou estudantado de últimos anos de carreira.

Ver programa

Admisións: O alumnado deberá superar con carácter previo ao inicio do curso unha Entrevista diagnóstico de orientación emprendedora.

Horas totais de formación certificada: 250 h.

Número de alumnado proposto por curso: 25.

Cronograma:

Data de inicio: 03/11/11

Data de finalización: 01/03/12

Lugar de realización: Edificio Normal. Campus de Riazor.

Organizan: Consello Social da Universidade da Coruña, Fundación Universidade da Coruña, Fundación Ronsel.

Colaboran: Asociación Galega da Empresa Familiar

Información e inscricións: Fundación Universidade da Coruña.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Consello Social, Cursos, Educación, Emprego, Emprendedores, FUAC, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s