O Consello Social lanza Laboralia e Escola de Emprendedores

Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), presentou hoxe dous programas de formación destinados a estudantes e titulados universitarios, e promovidos polo Consello Social en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña (Fuac) e a Fundación Ronsel, e co patrocinio da Asociación Galega de Empresa Familiar.

Trátase de ‘Laboralia’, un programa de formación a través do que se pretende mellorar a empregabilidade e ocupabilidade; e de ‘Escola de Emprendedores’, unha iniciativa que permitirá potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para os efectos de incrementar o potencial de éxito do seu proxecto.

Laboralia, que ten por lema ‘O que necesitas para introducirte no mercado de traballo’, terá lugar entre o 24 e o 28 de outubro, ten 100 prazas e achega ferramentas e recursos formativos que contribúan a mellorar a inserción laboral por conta allea ou para animar ao emprendemento. O primeiro día será para analizar o ‘Contorno do mercado laboral no ámbito universitario’, o segundo para ‘Deseño de itinerarios personalizados de inserción laboral’, o terceiro para ‘Novas tendencias de recrutamento e xestión da colocación’, e o cuarto e quinto para os ‘Experience days’, nos que as empresas contarán que profesionais necesitan e cales son as competencias clave nos seus procesos de recrutamento.

Pola súa banda, ‘Escola de Emprendedores’ (Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras), é unha iniciativa que permitirá ao estudantado e recén titulados universitarios potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para os efectos de incrementar o potencial de éxito do seu proxecto empresarial.

O Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras é un proxecto aberto a todos os axentes que teñen algo que dicir no contexto do fomento da cultura emprendedora e do espírito empresarial. O cadro docente que se fará cargo do desenvolvemento do curso combina a profesionais con vinculación ao ámbito da universidade coa súa experiencia profesional directa    con emprendedores, a persoeiros relevantes do ámbito empresarial e da comunicación e participarán tamén experiencias, proxectos, metodoloxías innovadoras que acheguen valor ao proxecto formativo.

A data de inicio é o 03/11/11 e rematará o 01/03/12 e a súa duración é de 250 horas distribuídas en catro sesións presenciais, catro obradoiros, 120 horas de formación on line, 12 horas de formación fóra da aula, 4 titorías individualizadas e varias visitas a empresas.

Nota: A información de Escola de Emprendedores esta activa na páxina da Fuac.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Emprego, Emprendedores, Empresarios, FUAC, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s