Marta Rey, directora da Cátedra Inditex de Responsabilidade Social da UDC

O Comité de Traballo de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña (UDC) acordou propor como directora da “Cátedra Inditex de Responsabilidade Social” a Marta Rey García, profesora do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da universidade coruñesa.

O Comité de Traballo de Responsabilidade Social foi creado en execución do acordo de colaboración asinado en 2010 entre a UDC e a empresa téxtil. Nel, ambas institucións comprométense a desenvolver actividades dirixidas á implantación dun modelo de responsabilidade social na UDC. A coordinación técnica das actuacións que se levan a cabo, estará a cargo do Consello Social da UDC, en calidade de órgano de participación da sociedade na Universidade.

Marta Rey García é profesora do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da universidade coruñesa, licenciada en Económicas e doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. É máster en Administración de Empresas pola Universidade de Columbia, Nueva York, e fixo estancias investigadoras na de Harvard. Pertence ao consello asesor da Fundación Compromiso Empresarial e ao consello asesor da Asociación Española de Fundacións. Entre 2000 e 2008 desempeñou o cargo de directora da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

O acordo de colaboración, asinado en 2010 entre a UDC e Inditex, abarca tres áreas. A primeira, a de divulgación e publicacións, conta coa colección RSU, que xa viu eo primeiro dos seus volumes (Responsabilidad Social Universitaria, Netbiblo, 2010. A Coruña). A segunda, deu lugar á publicación da primeira Memoria de Responsabilidade Social Universitaria da UDC, editada o pasado xuño. A terceira, consistente en actividades de docencia, ten previsto materializarse nun curso universitario de especialización en Responsabilidade Social en 2012.

Tanto Inditex como a UDC coinciden en destacar a especial significación e relevancia estratéxica que a Responsabilidade Social ten, tanto para o mundo empresarial e a sociedade en xeral, como, en particular, para o ámbito universitario. A UDC quere profundar nesta estratexia mediante o desenvolvemento dun modelo propio de responsabilidade social que lle permita seguir avanzando na súa política de transparencia, xestión participativa, valores éticos e compromiso social e medioambiental.

Que é o Consello Social?

O Consello Social é un órgano de participación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións está a supervisión das actividades de carácter económico da institución universitaria e do rendemento dos seus servizos; promover a colaboración da sociedade no financiamento da Universidade e as relacións entre esta e o seu contorno cultural, profesional, económico e social, ao servizo da calidade da actividade universitaria. Entre as súas atribucións está aprobar o presuposto e a programación plurianual da Universidade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en I+D+i, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s