AJE-Galicia convoca o primeiro Premio para empresarios novos

O premio está dotado economicamente por 4.000 euros.

A Federación Galega de Novos empresarios-AJE Galicia organiza o próximo 7 de xullo en Santiago a primeira edición do Premio Novo Empresario de Galicia, co obxectivo de recoñecer e premiar o labor daqueles emprendedores que ”co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra”. O premio está dotado economicamente por 4.000 euros.

Os organizadores explicaron que este premio suporá para o gañador ”a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á mocidade galega mostrando que o autoemprego e a innovación é outra posibilidade de traballo”.

Poderán presentarse todos aqueles empresarios cuxa data de nacemento non sexa anterior ao 29 de xuño de 1970, a súa empresa teña domicilio social na Comunidade autónoma de Galicia e cuxo capital social estea participado nun 25 por cento, como mínimo, por persoas físicas menores de 41 anos, e nunca por entidades ou empresas de titularidade pública.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Emprego, Emprendedores, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s