O presidente do Consello Social da UDC destaca que “as universidades deben transmitir cultura empresarial” na presentación do libro ‘En busca de financiación’

O Consello Social da UDC presentou esta mañá o libro En busca de financiación. El ecosistema de inversores y emprendedores, A Coruña, Netbiblo, 2011. Na obra, José Gabriel García Ortega e Pablo Martínez García aproximan aos emprendedores até o mundo dos ‘business angels’, así como doutras entidades capaces de proporcionar financiamento para os proxectos máis innovadores.

O presidente do Consello Social, Antonio Abril, recordou na presentación que “é necesario repetir constantemente que a sociedade precisa de emprendedores”, persoas que pensen que é fundamental “competir en produción e servizos con valor engadido, xa que a suma de innovación e emprendemento e a chave para competir en contornos globais”. Ao seu xuízo, “a Universidade debe transmitir cultura empresarial, así, ademais de compartir coñecementos, debense transmitir actitudes”, para que no futuro, “uns empresarios que sexan os locomotores do desenvolvemento social e económico da sociedade”.

Da man do Plano Operativo Anual, o Consello Social ten sempre presente o compromiso de promover a cultura emprendedora, así como a competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do desenvolvemento económico e social. E por iso que o Consello Social móstrase moi satisfeito en colaborar con Netbiblo na publicación do seu segundo exemplar da colección Transfiere, unha obra de carácter emprendedor.

Un dos autores do libro, José Gabriel García Ortega, destacou as palabras elixidas por Antonio Abril para definir a súa obra, “unha guía para os universitarios que teñan aptitudes e ideas” e, como non, “que teñan ganas de emprender”, xa que éste, pola súa banda, “estaría toda a vida emprendendo”.

“Cando emprendemos comezamos un camiño de longo e intenso percorrido. En menos de dous anos temos que ser capaces de executar toda unha estratexia de negocio, conseguir que a motivación do noso equipo non decaia, evolucionar o noso produto ou servizo e, ademais, estar preparados para vendelo. Durante este camiño temos que sortear moitos obstáculos. Un destes fitos é conseguir o financiamento adecuado, tendo que avaliar tanto o tipo de financiamento como a fonte onde conseguilo. Si a idea é boa e o equipo sólido, o finanzamento chega”.

  Sobre os autores

José Gabriel García Ortega ten mais de dez anos de experiencia no sector das Tecnoloxías da Información (TIC), vinculado tanto a grandes empresas, principalmente do sector financeiro, como a pequenas start-ups. Pablo Martínez García conta con máis de dez anos de experiencia en Empresas TIC e relacionadas co ámbito do emprendemento e desenrola actualmente, entre outras, labores de asesoramento, promoción e difusión de start-ups a través do seu blog TodoStartups.com.

En busca de financiación

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Consello Social, Emprendedores, Empresarios, I+D+i, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s