O Centro Quérote + animará hoxe a máis de 2.000 mozos e mozas das tres universidades galegas a abandonar o consumo do tabaco

Hoxe, coincidindo co Día mundial sen tabaco, celébrase o acto de clausura da campaña de prevención do consumo de tabaco que se veu desenvolvendo durante este curso 2010-2011

O centro Quérote +, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, animará hoxe a máis de 2.000 mozos e mozas galegas das tres universidades a abandonar o consumo do tabaco, coincidindo coa conmemoración do “Día mundial sen tabaco”.

Así, este será o acto de clausura da campaña de prevención e deshabituación do consumo de tabaco que se veu desenvolvendo durante o curso lectivo 2010/2011, ao abeiro do programa “Vitalízate”, unha das novas temáticas implantadas no Quérote + centrada na prevención do consumo de drogas e outras substancias.

Deste xeito, a campaña terá hoxe presenza na Universidade de Santiago de Compostela (nas inmediacións da biblioteca Concepción Areal); na Universidade da Coruña (no campus de Elviña, na facultade de Económicas); e na Universidade de Vigo (no campus de Ourense, na facultade de Educación).

Nos puntos de información de Quérote +, ofrecerase información sobre hábitos saudables, así como pautas e asesoramento para aquelas persoas que queiran deixar de fumar. Como reclamo, intercámbiase de forma simbólica un cigarro por unha bolsa de lambetadas, baixo o lema “Bicos de AMORodo”. En concreto, hoxe prevese repartir un total de 1.800 lambetadas entre as persoas que se acheguen aos puntos de atención.

Ata o momento, a campaña xa ten chegado a máis de 3.000 persoas que recibiron máis información sobre a prevención e a deshabituación do consumo de tabaco; e, ademais, preto de 800 persoas xa intercambiaron o seu cigarro por unha bolsa de lambetadas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s