Os principais medios galegos recollen as conclusións das charlas sobre emprendemento organizadas polo Consello Social da UDC

Expansión, La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña e o Ideal Gallego foron algúns dos medios que se fixeron eco das palabras de Juan José Jaén Rodríguez, conselleiro delegado do Grupo Jaerod (Bricoking) e Antonio García Allut, presidente da Fundación Lonxanet nas xornadas “Pasión por emprender: como facer realidade as túas ideas”, organizadas polo Consello Social da Universidade da Coruña (UDC).

O medio galego, La Voz de Galicia, realizou unha reportaxe con título “Antonio Abril anima a los estudiantes a hacerse emprendedores”, onde destacou: “Abril fue el primero en hablar, explicando que de las tres funciones de la universidad, la docencia, la investigación y la transmisión de conocimientos, esta última es en la que más volcada está el Consello Social, que tiene que poner en contacto el mundo universitario con las empresas. Por este motivo, organiza este tipo de eventos, «con exemplos de empresas cercanas que demostran a paixón do emprendedor». Para finalizar su intervención Antonio Abril rememoró una palabras de Amancio Ortega, el presidente de Inditex, «que levo ouvindo más de 22 anos. Se hai algo que define a un empresario é a vocación, a paixón, o carisma, poñer a empresa como parte esencial da vida. O diñeiro chega, pero non pode ser o obxectivo do empresario gañar diñeiro».

Doutra banda, Expansión e La Opinión de A Coruña destacaron a traxectoria das firmas invitadas: “¿Qué tienen en común Bricoking y Lonxanet? Aparte de dedicarse a la distribución, poco. La primera es una empresa que nació en 1994 y que en los últimos diez años pasó de 30 a 450 empleados en toda España. La segunda arrancó en 2002 como una empresa de economía solidaria para distribuir sin intermediarios pescado y marisco gallego y ayudar a sostener la pesca artesanal gallega y llegó a sumar 30 empleados. Sus máximos responsables expusieron ayer sus modelos de negocio ante un centenar de universitarios”, sintetiza La Opinión de A Coruña na súa nova.

Un dos compromisos do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) pasa por promover a cultura emprendedora como competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do  desenvolvemento económico e social, ademais de impulsar a organización de toda clase de eventos que favorezan o coñecemento mutuo e a interrelación entre a UDC e a sociedade.

Sobre os relatores

Juan José Jaén Rodríguez é o conselleiro delegado do Grupo Jaerod (BricoKing). Tras empezar os seus estudos no Reino Unido retorna a España e, a idade de 21 anos, dirixe a súa primeira empresa, pertence ao sector da distribución alimentaria. Despois ocuparía un cargo directivo nunha multinacional do sector da construción e en 1996 arranca o que se convertería no seu gran proxecto empresarial até hoxe: BricoKing.

Antonio García Allut é o director da Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, PhD en Antropoloxía Social e profesor da Universidade da Coruña dende 1992. Ademais, dende o ano 2001 levou a cabo proxectos aplicados e destinados a promover a sostibilidade da pesca artesanal en Galicia, Latinoamérica e Marrocos. En 2004 creou a Rede de Comunidades Pesqueiras de Desenvolvemento Sostible (RECOPADES), formado por organizacións de pescadores artesanais de Europa e América. Tamén é asesor do Museo do Mar de Galicia.

¿Qué e o Consello Social?

O Consello Social  é o órgano de participación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións está a supervisión das actividades de carácter económico da institución universitaria e o rendemento dos seus servizos; promover a colaboración da sociedade no financiamento da Universidade e as relacións entre esta e o seu contorno cultural, profesional, económico e social ao servizo da calidade da actividade universitaria. Entre as súas atribucións está aprobar o presuposto e a programación plurianual da Universidade.

Participantes e ponentes da charla

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Charla, Conferencias, I+D+i, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s