O Consello Social desvela as claves da cultura emprendedora “nunha época que precisa de innovación”

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) presentou esta mañá a charla “Pasión por emprender: como facer realidade as túas ideas”, da man de Juan José Jaén Rodríguez, conselleiro delegado do Grupo Jaerod (Bricoking) e Antonio García Allut, presidente da Fundación Lonxanet, ambos encargados de pór en valor o emprendemento como unha interesante oportunidade laboral e profesional.

Participantes e ponentes da charla

Antonio Abril, presidente do Consello Social, afirmou que “a crise non debe ser ningún impedimento para montar unha empresa e, o interese puramente económico, tampouco pode ser o obxectivo. Este é, sen dúvida, a oportunidade de desarrollar un bo proxecto de negocio innovador”. A mesma idea a recolleu Juan José Jaén, quen explicou a súa experiencia en BricoKing. “Comezamos cunha ferretería e, agora, somos todo un referente no país, xa que, entre outras cousas, decidimos mudar a idea de negocio de venta”. Doutra banda, Antonio García fixo clara referencia a “non olvidar nos proxectos a responsabilidade social que teñen, así como o valor da fraternidade, como outros, que deben estar presentes”.

Un dos compromisos do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) pasa por promover a cultura emprendedora como competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do  desenvolvemento económico e social, ademais de impulsar a organización de toda clase de eventos que favorezan o coñecemento mutuo e a interrelación entre a UDC e a sociedade.

Sobre os ponentes

Juan José Jaén Rodríguez é o conselleiro delegado do Grupo Jaerod (BricoKing). Tras empezar os seus estudos no Reino Unido retorna a España e, a idade de 21 anos, dirixe a súa primeira empresa, pertence ao sector da distribución alimentaria. Despois ocuparía un cargo directivo nunha multinacional do sector da construción e en 1996 arranca o que se convertería no seu gran proxecto empresarial até hoxe: BricoKing.

Doutra banda, Antonio García Allut é o director da Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, PhD en Antropoloxía Social e profesor da Universidade da Coruña dende 1992. Ademais, dende o ano 2001 levou a cabo proxectos aplicados e destinados a promover a sostibilidade da pesca artesanal en Galicia, Latinoamérica e Marrocos. En 2004 creou a Rede de Comunidades Pesqueiras de Desenvolvemento Sostible (RECOPADES), formado por organizacións de pescadores artesanais de Europa e América. Tamén é asesor do Museo do Mar de Galicia.

¿Qué e o Consello Social?

O Consello Social  é o órgano de participación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións está a supervisión das actividades de carácter económico da institución universitaria e o rendemento dos seus servizos; promover a colaboración da sociedade no financiamento da Universidade e as relacións entre esta e o seu contorno cultural, profesional, económico e social ao servizo da calidade da actividade universitaria. Entre as súas atribucións está aprobar o presuposto e a programación plurianual da Universidade.

As xornadas se seguiron dende o canle de Twitter: @redeamigaudc e todavía podes ver o contido con as palabras #emprendemento e #udc

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Charla, Emprendedores, Empresarios, I+D+i, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s