O programa Iacobus da ETS de Arquitectura recibe unha medalla

O programa Iacobus da Escola Técnica Superior de Arquitectura recibe unha medalla do Consello de Puy-de-dôme
O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o profesor de Escola Técnica Superior de Arquitectura Felipe Peña Pereda, presentarán hoxe ante os medios de comunicación a medalla concedida ó programa de formación universitario Iacobus polo Consello Xeral do Puy-de-dôme (departamento da rexión de Auvernia, Francia).
Esta medalla débese ao importante labor realizado polo programa Iacobus na rehabilitación dun castelo para convertilo en oficinas do Concello e nunha gardería, no pobo de Saint-Cirgues, preto de Clermot-Ferrand.
O programa internacional, que existe desde hai 14 anos, consiste en facer proxectos de arquitectura reais sobre un tema nunha cidade. Cada ano realízase nun dos tres países implicados, España, Alemaña e Francia, e preséntase noutro. No proxecto participan sobre 15 alumnos de cada universidade, que se trasladan ao lugar en que se fai a proposta.
Na rolda de prensa estará tamén o director da Escola de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Premios, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s