Chegan as II Xornadas de Educación Matemática Equidade e Comunicación, na UDC

Equidad y Enseñanza de las Matemáticas” é o título dun libro que recolle colaboracións de investigadores de primeira liña para examinar o problema da equidade dende o punto de vista da Educación Matemática, así como o tema das xornadas que se desenrolarán do 26 ao 29 de abril na UDC.

Nese marco, os investigadores queren encadrar dende a Facultade a contribución de catro conferenciantes, os cales, dende diferentes ámbitos de experiencia, traballan pola Educación, facendo moi presente nas súas aulas a equidade e a comunicación.

“Con estas II Xornadas de Educación Matemática seguimos a afondar nas diversas facetas da Educación, e en particular da Educación Matemática, intentando presentar unhas facetas que dende as aulas da universidade son difíciles de apreciar mais son fundamentais para a formación dos nosos estudantes, futuras mestras e mestres”, comentan dende a web.

“Estas Xornadas pretenden ser un servizo á Sociedade. Comezando por ofrecer estes catro días de conferencias, obradoiros e mesas redondas aos estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e da Universidade da Coruña, non queremos limitarnos a eles e por esa razón queremos abrir as Xornadas aos mestres e profesores de Educación Infantil, de Educación Primaria e de Educación Secundaria e a todas as persoas preocupadas pola Educación, non soamente coa Educación Matemática”, sinalan.

Toda a info

Cartel

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades, Charla, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s