A FUAC oferta un curso gratuito onde se facilitan as ferramentas para a mellora da empregabilidade

AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) traballa de forma estratéxica as relacións entre Universidade e Empresa, en particular, todas aquelas actuacións que permitan implementar no territorio as chamadas políticas activas de emprego. Sendo conscientes da importancia da citada colaboración e tendo como un dos seus obxectivos prioritarios a Inserción Laboral dos universitarios galegos, a FUAC pon en marcha a V edición do AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA.

Dirixido a: Preferentemente titulados/-as e estudantes universitarios/as.

Obxectivo xeral: Facilitar ferramentas para a mellora da empregabilidade do colectivo universitario, dende o punto de vista do deseño e execución de programas de promoción económica na Provincia de A Coruña.

Documento Informativo

Datas: 17, 24 e 31 de marzo e 7 e 14 de abril de 2011.

Horario: 09:00 a 14:00 horas

Duración: Talleres 25 horas +Titorías

Matrícula: Gratuita

Créditos: Concedidos 2 créditos de libre configuración da Universidade da Coruña

Boletín de Inscrición

Inscrición: As persoas interesadas en participar nesta acción formativa deberán cubrir o boletín de inscrición e axuntar unha copia do DNI por e-mail ou persoalmente nas oficinas da propia Fundación. A data límite de inscrición é o mércores 16 de marzo ás 14:00 h.

Realizarase a seleción tendo en conta os criterios de preferencia establecidos e a orden de data de recepción da documentación de inscrición

Para cualquera dúbida pode contactar con Sandra López no teléfono 981167000 Ext.4362 slopezj@udc.es ou con Laura García no 981167000 Ext.1078

Cofinanciado por

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprego, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s