O ciclo Luns con Ciencia, co título “A saúde é o primeiro”, volve á Domus

A inscrición está aberta para os alumnos da UDC. Están solicitados 2 créditos de libre elección.

Por terceiro ano consecutivo os Museos Científicos Coruñeses celebran o ciclo de divulgación científica “Luns con Ciencia”. Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

Ao longo de trece sesións, diversos expertos trasladarán ao público diferentes aspectos relacionados cos temas tratados, intervencións que serán seguidas de debates.

O ciclo está dirixido ao público xeral, persoas interesadas pola divulgación científica, alumnado e profesorado da universidade. Están solicitados 2 créditos de libre elección para o alumnado da UDC que asista

Máis info. No teléfono 981 189 840, en horario de 9 a 14 horas. As conferencias celebraránse na Domus (r/ Santa Teresa 1. A Coruña) ás 20 horas.


PROGRAMA

14 de marzo
“Doazón e transplante de órganos en vida: un exemplo de solidariedade”. Antón Fernández. Coordinador de Transplantes do CHUAC.

21 de marzo
“Retos do transplante hepático”. Francisco Suárez. Hepatólogo Programa Transplante Hepático do CHUAC

28 de marzo
“A tecnoloxía do transplante renal en imaxes”. José Manuel García Buitrón. Urólogo Programa de transplante Renal do CHUAC.

4 de abril
“Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes”. José María Borro. Xefe Programa Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC.

11 de abril
“Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón”. Alfonso Castro Beiras. Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC.

2 de maio
“Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?” Nicolás Vázquez González, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC, e José Antonio Iglesias Vázquez, Director da Fundación 061.

9 de maio
“Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?” Lorenzo Monserrat. Cardiólogo, Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC.

23 de maio
“Do home primitivo ao home obeso”. Ovidio Vidal, Xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

30 de maio
“A obesidade, o buraco negro metabólico”. Fernando Cordido. Endocrinólogo do CHUAC.

6 de xuño
“A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía”. Teresa Martínez Ramonde. Endocrinóloga do CHUAC.

13 de xuño
“Mais aló da obesidade e da diabetes: Efectos colaterais”. Alfonso Soto González Endocrinólogo do CHUAC.

20 de xuño
“Obesidade, unha epidemia que se pode combater”. Susana Monereo Megías. Xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de Xetafe.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Conferencias, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s