Javier Guerra salienta o emprendemento como clave para “acelerar a recuperación económica”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegurou que o emprendemento empresarial é clave para “acelerar a recuperación económica” e valorou como “moi positivo” o incremento do 5,3% na taxa creación de empresas en Galicia durante o 2010 e con respecto ao mesmo período do ano anterior, alcanzando a cifra de 3.836 novas empresas. Aumento que duplica o alcanzado no conxunto do Estado, onde as novas sociedades mercantís subiron un 2,2%, segundo os últimos datos do INE.

Guerra fixo estas declaracións na presentación do Global Entrepreneurship Monitor para Galicia (GEM 2009), un informe que reflicte o punto de partida da lexislatura e que elaborouse tendo en conta os datos da enquisa á poboación adulta, até maio de 2009, e a opinión de 36 especialistas, que valoraron o primeiro semestre daquel ano.
O conselleiro de Economía e Industria agradeceu o labor do proxecto GEM  e sinalou que o Goberno da Xunta de Galicia asumiu as súas responsabilidades en abril de 2009, “facendo unha análise realista e transparente” da “complicada herdanza” que lles foi transmitida, co obxectivo de “reconstruír a paisaxe  dunha Galicia en crecemento”.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprendedores, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s