Anxo Calvo, novo decano de Economía e Empresa da UDC

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, presidirá mañá, martes, 1 de marzo, o acto de toma de posesión de Anxo Calvo como novo decano da Facultade de Economía e Empresa, logo de resultar elixido por maioría absoluta en Xunta de Facultade. Calvo substitúe así a Gustavo Rego que exercía de decano en funcións desde que se unificaron as antigas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Escola Universitaria de Estudos Empresariais.
O acto terá lugar na Sala de Xuntas da Reitoría (1º andar) ás 13:00 horas.

Convenio con Portos de Galicia
Previamente, ás 12:30 horas o reitor e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, asinarán na Sala de Xuntas un convenio de colaboración para que estudantes da UDC poidan facer prácticas en Portos de Galicia e para que traballadores deste ente poidan cursar o Mestrado en Administración Marítima e Xestión Portuaria.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s