Convocatoria de programas internacionais de mobilidade e Erasmus para estudantes da UDC

O obxectivo destas convocatorias é a selección do estudantado da UDC para a súa participación no curso 2011/12 nos programas internacionais de mobilidade seguintes:
1. Programa de Aprendizaxe Permanente Erasmus con Fins de Estudos
2. Mobilidade Internacional no marco doutros Convenios Bilaterais

Os requisitos para participar nun programa de mobilidade son os seguintes:

-Estar matriculado nun centro propio da UDC ou adscrito á UDC co fin de realizar estudos conducentes a un título oficial, incluídos un mestrado universitario ou un doutoramento.

-O estudante deberá estar matriculado na titulación para a que solicita a bolsa, tanto no momento da solicitude como durante a súa estancia no estranxeiro.

-Estar matriculado como mínimo no segundo curso dun plano de estudos para o estudantado de licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou grao.

-De acordo co Regulamento de Mobilidade, o estudante poderá realizar un máximo de dúas estadías no estranxeiro que conleven recoñecemento académico dos estudos de grao.

Toda a información, na UDC

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Educación, Erasmus, UDC. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s