A Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, unidos pola ciencia

A Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses presentan o proxecto “Galerías da UDC nos mc2”, froito dun conxunto amplo de colaboracións que se desenvolve entre ambas entidades.
As “Galerías da UDC nos mc2” pretenden contribuir á visualización da labor investigadora que se leva a cabo na UDC entre o público visitante dos Museos Científicos Coruñeses.

O obxectivo final das intervencións é, por tanto, estimular o interese público pola Ciencia e achegar aos investigadores á Sociedade.

O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos.

O propio nome de “Galería” alude ao carácter de fiestra pola que o público pode asomarse e ollar o que se fai no interior da UDC, utilizando como denominación algo que forma parte do patrimonio identitario da cidade da Coruña.
Este novo espazo forma, ademáis, parte das contribucións da Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses á celebración do Ano Internacional da Química 2011.

A primeira Galería da UDC ábrese agora no Aquarium Finisterrae, da man do grupo de investigación PRONAMAR (Produtos Naturais Mariños) da UDC, nun espazo dentro da sala Humboldt, onde se presentan dous traballos; un sobre a loita contra organismos incrustantes e outro sobre novos tratamentos contra as bacterias patóxenas.

Neste mesmo ano está previsto abrir unha nova “Galería” na Domus.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en I+D+i, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s