Curso de Xestión Empresarial Avanzada de FEGAXE, en A Coruña

O entorno económico actual obriga ás empresas a enfrentarse a novos retos no seu futuro inmediato. A Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) entenderon a necesidade de colaborar na mellora da competitividade das Pemes galegas, a través da formación empresarial, facilitando aos xoves empresarios ferramentas para afrontar con maiores garantías o difícil momento económico co que nos enfrontamos.

FEGAXE presenta o programa XESTIÓN EMPRESARIAL AVANZADA cos seguintes obxectivos:

• Profundizar nós fundamentos teóricos e prácticos das principais áreas de xestión da empresa.

• Desenvolver as habilidades directivas e a capacidade de liderazgo dos participantes.

• Fomentar a expansión, internacionalización e innovación dos seus proxectos empresariais.

• Revisar o actual modelo de negocio en funcionamento

• Impulsar a xestión do crecemento da empresa nas areas financeira, comercial, comunicación e recursos humanos.

• Facilitar o networking entre as Pemes participantes.

O Instituto Tecnolóxico Empresarial Novacaixagalicia (ITE), entidade de recoñecido prestixio na formación de altos executivos de empresa, asume, coordinadamente coa FEGAXE, a dirección acádemica do programa basados nunha metodoloxía que combina o estudo teórico o caso práctico complementado co coaching directivo individualizado e o outdoor training. Deste xeito ponse ao servicio dos xoves empresarios un programa de alta dirección que se sustenta nunha base sólida de coñecementos, técnicas e ferramentas que lles permitan desenvolver a capacidade de atopar novas respostas, máis eficaces e eficientes, e adaptadas ás situacións que se presentan cuns competidores cada vez máis fortes, uns clientes cada vez máis esixentes e un entorno global e interrelacionado.

Este programa conta co financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) Xunta de Galicia.

O programa XESTIÓN EMPRESARIAL AVANZADA comenzará o día 10 de febrero de 2011 e rematará o día 19 de mayo de 2011. As clases presenciais se impartirán os xoves pola mañá (de 9.00 a 14.00 horas) e pola tarde (de 15.30 a 18.30 horas).

O curso terá lugar na sede de ITE Novacaixagalicia en A Coruña (Ronda de Nelle, 31).

Ver programa

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Emprego, Emprendedores. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s