Se convocan as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos.
Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título universitario nin teñan superada a PAU (selectividade)
A Proba de Acceso á Universidade estruturarase en dúas fases: Xeral e Específica.

FASE XERAL
A Fase Xeral terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos/as para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.
Comprenderá catro exercicios:
1º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.
2º Exercicio Lingua Castelá.
3º Exercicio Lingua Galega.
4º Exercicio Lingua estranxeira, elixible entre: Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués.

FASE ESPECÍFICA
A Fase Específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos/as para cursaren con éxito as diferentes ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento en torno ás que se organizan os estudos universitarios oficiais de Grao.
A Fase Específica estruturarase nas cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:
OPCIÓN A: Artes e Humanidades.
OPCIÓN B: Ciencias.
OPCIÓN C: Ciencias da Saúde.
OPCIÓN D: Ciencias Sociais e Xurídicas.
OPCIÓN E: Enxeñaría e Arquitectura.

Prazo de matrícula: ata o 18 de febreiro de 2011 nos LERDs.
Probas: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
Fase Xeral: 5 de marzo de 2011
Fase específica: 12 de marzo de 2011

Máis información na CIUG: 981 528 080 e en http://ciug.cesga.es

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s