Rede Amiga 2.0, a comunidade virtual da Universidade da Coruña, integra a máis de 3.000 membros no primeiro ano de vida

Fai algo máis dun ano, o Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa FUAC (Fundación Universidade da Coruña), puxo en marcha en Linkedin, Twitter, Facebook , Youtube, Flickr e Tuenti, -co apoio central dun blog-, o proxecto 2.0 Rede Amiga da UDC, co fin de incentivar a interacción, informar e escoitar á comunidade universitaria, así como á sociedade en xeral.

A día de hoxe, afirmada a teoría de que o crecemento das redes sociais é imparable, a Rede Amiga continúa mantendo vivo o debate universitario, polo que acumula xa máis de 3.000 seguidores nas distintas redes 2.0.

Tanto os alumnos, os profesores, os recentemente licenciados, así como o resto da comunidade universitaria, optan por estar á beira dos perfís de mozos (algúns deles emprendedores) que están a piques de saltar ao mundo laboral para comentarlles, por medio de calquera das ferramentas de xestión que dispón Rede Amiga, desde cales son as reviravoltas dos negocios en plena crise até onde atopar as mellores bolsas de formación.

A todos os que fan posible esta interacción: Grazas!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en I+D+i, Internet, UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s