A UDC adhírese á Rede Española de Campus de Excelencia Internacional

A Universidade da Coruña adhírese á Rede Española de Campus de Excelencia Internacional

O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, asinou o protocolo de intencións para a creación da Rede Española de Campus de Excelencia Internacional (REDCEI), promovida polo Ministerio de Educación.
Con esta firma do protocolo de intencións, a Universidade da Coruña, en colaboración co Campus do Mar da Universidade de Vigo, que acadou na pasada convocatoria de 2010 o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional (CEIR); dá o primeiro dos pasos necesarios para a creación da REDCEI, que aglutinará aquelas universidades españolas que actualmente posúan recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional ou de Campus de Excelencia de ámbito Rexional, así como outras universidades ás que o Ministerio de Educación lles conceda no futuro o citado recoñecemento e que de forma voluntaria se sumen a esta iniciativa.
Coa creación da Rede Española de Campus de Excelencia Internacional, tratarase de fomentar e apoiar unha relación estable entre tódalas universidades asinantes que permita coñecer mellor o desenvolvemento dos seus campus, promover a máxima sinerxia entre eles, establecer accións conxuntas no marco dos Campus de Excelencia e incrementar o impacto global da iniciativa; todo isto baixo unha estreita colaboración co Ministerio de Educación.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s