A FGE e a Consellería de Sanidade convocan unha bolsa para formarse na xestión de proxectos europeos de I+D+i no ámbito da saúde

A Fundación Galicia Europa, en colaboración coa Consellería de Sanidade, ofrece unha bolsa de formación para titulados universitarios que ten por obxecto o seguimento das políticas comunitarias relativas á innovación e investigación no eido sanitario.

O desfrute da bolsa desenvolverase entre o 14 de febreiro e o 31 de decembro de 2011 e constará de dúas fases: unha primeira parte formativa na Fundación Galicia Europa que terá por cometido iniciar ao adxudicatario na comprensión e análise das actuacións da UE en saúde; mentres que a segunda fase consistirá na realización de prácticas na Consellería de Sanidade, ambas en Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de xaneiro e a contía total da axuda é de 12.100 euros que serán abonados en once mensualidades.

Esta praza é resultado dun acordo de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia co obxectivo de outorgar aos licenciados galegos en especialidades técnicas ou biomédicas dunha serie de coñecementos que lle permitan xestionar proxectos europeos en materia de investigación sanitaria.

No DOG

Bases

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Bolsas, I+D+i, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s