Economía e Industria convoca 16 bolsas para formar especialistas en internacionalización empresarial

A Consellería de Economía e Industria vén de convocar, a través do Igape, 16 bolsas de promoción exterior que teñen como obxectivo fundamental o de formar especialistas en comercio e investimento internacional e colaborar na internacionalización do tecido empresarial galego. O prazo de presentación de solicitudes polos novos titulados interesados remata o próximo 3 de febreiro.

A Consellería de Economía e Industria destina 593.500 euros á convocatoria das 16 bolsas de promoción exterior da convocatoria 2011. As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 19.460 euros que poderá ascender ata 34.000 euros dependendo do país e cidade de destino.
O obxecto destas axudas diríxese a formar a especialistas no ámbito internacional á vez que realizan prácticas encamiñadas á captación de investimentos e expansión exterior da empresa galega; as prácticas estarán referidas á detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, busca de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.
A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, impulsa deste xeito  a formación de capital humano especializado no ámbito da internacionalización, co obxectivo de colaborar activamente, por outra parte, no necesario proceso de aceleración da proxección exterior do tecido empresarial galego, así como nos labores de detección e atracción de investimentos cara a Galicia.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Bolsas, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s