Ábrese o prazo para solicitar as 48 bolsas da segunda convocatoria para realizar prácticas laborais en Europa (Programa Leonardo Da Vinci)

O prazo para solicitar unha das 48 bolsas que forman parte da segunda convocatoria do programa Leonardo Da Vinci –para realizar prácticas laborais en Europa- comeza hoxe.

O período de inscrición para participar no proceso selectivo continuará aberto ata o próximo 22 de xaneiro, e está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Este programa, que se inscribe no proxecto autonómico MoGal (Mobilidade Galega), ten un total de catro convocatorias, o que permitirá que 187 mozos e mozas galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda, Holanda e República Checa.

As estadías formativas durarán 12 semanas. Neste caso, serán desde abril ata mediados de xullo. Nesta segunda convocatoria, as 48 bolsas repártense do seguinte xeito: 4 en Holanda; 11 en Irlanda; 15 en Francia; 10 en Italia, e 8 para a República Checa.

Na iniciativa poden participar mozos e mozas de 18 a 30 anos de idade que teñan realizado estudos universitarios ou de Formación Profesional, relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.

A bolsa cobre os gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística, seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.

Para participar, é preciso enviar os documentos debidamente cumprimentados que se sinalan na páxina web http://www.xuventude.net: o currículum vitae –modelo europeo- no idioma do país de destino que se solicita en primeiro lugar e a solicitude debidamente cumprimentada. Tamén se pode consultar máis información no teléfono 881999567.

O obxectivo do proxecto é facilitar a integración dos participantes dentro do mercado laboral europeo, e que consigan competencias útiles para o seu desenvolvemento profesional, ao tempo que adquiren unha mellor competencia lingüística no idioma do país de destino.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Bolsas, Erasmus, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s