O Campus de Lugo vive a súa xornada de intercambio cultural coa celebración do International Day

O Campus de Lugo, en colaboración coa Asociación Enxebre Compostela, celebrou este martes os International Day do curso 2010-2011. Coa organización desta xornada, os alumnos estranxeiros na Universidade de Santiago presentaron os seus países a toda a comunidade universitaria a través dunha serie de actividades que se desenvolveron na Escola Politécnica Superior.

Os estudantes do Campus de Lugo puideron coñecer hoxe martes as particularidades culturais de países de todo o mundo

Os países que tiveron representación nos stands este ano foron Uzbekistán, Paraguai, Perú, Colombia, Bolivia e Italia, aínda que tamén participaron representantes de Kizijistán. Os estudantes do campus lugués interesáronse pola cultura e gastronomía dos diferentes países e intercambiaron impresións e dúbidas cos seus representantes, algúns deles desprazados dende o Campus Compostelán, onde xa se celebrou o International Day o pasado día 2.

O obxectivo deste evento é abrir as portas, favorecer a integración e conseguir que os estudantes da USC coñezan as posibilidades dos diversos destinos para o intercambio académico a través de programas coma o Erasmus.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cursos, Erasmus. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s