Axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza para o curso académico 2010/2011

Orde do 30 de novembro de 2010 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza e se anuncia a súa convocatoria para o curso académico 2010/2011.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao programa Comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes universitarios matriculados nunha das tres universidades públicas galegas, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, durante o curso 2010/2011, nunha titulación de carácter oficial e validez nacional conducente a obtención do título universitario oficial de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico .

Requisitos: Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2010-2011 en calquera das universidades públicas desta comunidade autónoma ou nos centros asociados da UNED en Galicia.

b) Cursar estudos universitarios de carácter oficial e validez nacional conducentes aos títulos universitarios de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico .

c) Ter concedida unha bolsa do programa Comunitario Erasmus, ou do Goberno de Suíza.

d) Non ter gozado desta bolsa complementaria en convocatorias anteriores.

Período de solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será dende 11 de decembro de 2010 ata o 10 de xaneiro de 2011.

Máis información e descargas

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Bolsas, Erasmus, I+D+i. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s