Taller sobre transferencia do coñecemento e axudas á innovación, na Cámara de Ferrol

A Rede Innova Ferrol, da que forma parte a Cámara de Comercio, organiza para o próximo venres, día 17, un taller sobre transferencia do coñecemento, mecanismos de colaboración Universidade-Empresa e liñas de financiamento para a realización de actividades de I+D+i.

Esta xornada terá lugar na sala de comunicación do Vicerreitorado, no campus de Esteiro, a partir das 10 da maña, con diferentes relatorios a cargo de responsables das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) das tres universidades galegas.

O obxectivo desta iniciativa é promover as relacións entre os grupos de investigación que existen no ámbito universitario e o mundo empresarial, así como informar sobre as distintas axudas e incentivos existentes para desenvolver actuacións en materia de innovación e sobre as fórmulas de explotación dos resultados obtidos.

A asistencia a esta xornada ten carácter gratuíto. As inscricións poden formalizarse no departamento de innovación da Cámara (Tel. 981 333 165 – Ext. 4).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Charla, Emprendedores, Empresarios, Ferrol. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s