A Facultade de Informática da UDC celebra un cuarto de século

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña comezará a celebración do 25 aniversario da súa creación coa inauguración a cargo do reitor, José María Barja, dunha exposición fotográfica, que terá lugar no Pavillón de Estudantes hoxe xoves, 9 de decembro, ás 18:30 horas.
A mostra consta dunha selección das obras que no seu momento foron presentadas ao Concurso Fotográfico “San Pepe 2010” e permanecerá exposta do 1 ao 31 de decembro no LERD (o edificio de cristal situado xunto ás pistas de atletismo do Campus de Elviña).

Montaxe con varias fotos gañadoras do concurso "San Pepe 2010"

Esta é a primeira das varias actividades coas que a Facultade quere celebrar en marzo de 2011 a creación da escola universitaria coruñesa que arrancou cun plano de estudos de Diplomatura en Informática en setembro de 1986.

Na actualidade, a Facultade de Informática, con preto de 2.000 alumnos -un dos centros con máis número de estudantes da Universidade da Coruña-, é o centro de referencia en Galicia en estudos informáticos universitarios. Imparte desde este curso o Grao en Enxeñaría Informática que supón a integración de todas as especialidades existentes en España.

A Facultade coruñesa oferta o único título en Galicia que asegura unha cobertura de todas as competencias que poden adquirirse no ámbito da Enxeñaría Informática. Ademais, o centro completa o seu catálogo formativo con seis mestrados universitarios e cinco programas de doutoramento.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en UDC, Universidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s